ESPECTACULAR GOLEADA DO XUVENIL

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., goleou 1-6 ao Redondela F.S.-S.D. Pazos no partido celebrado na mañá do domingo no Pavillón Municipal de Pazos de Borbén, correspondente á xornada 10 da Liga Galega Xuvenil.

Aínda que se adiantou o equipo local nos primeiros minutos o equipo adestrado por Jose López fixo un partido casi perfecto e foi quen de remontar de seguido para chegar ao descanso cun resultado de 1-4. Na segunda parte aínda marcou dous tantos máis que puxeron un contundente 1-6 no marcador final ante un rival moi complicado.

Esta victoria fai olvidar a dolorosa derrota da semana pasada na casa e sitúa ao equipo vilalbés na terceira posición da táboa clasificatoria a un punto do Cidade de Narón F.S. que visitará a vindeira fin de semana o Pavillón Municipal de Vilalba.