ESPECTACULAR VICTORIA DO FEMININO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. nun partido espectacular venceu por 6-2 ao Pescados Rubén Burela F.S. “B” no encontro correspondente á xornada 16 da Liga 1ª Galicia Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba na matinal do domingo ante máis dun centenar de espectadores.

O primeiro acto foi moi igualado, as xogadoras do Vilalba F.S. comenzaron moi metidas no partido, levando a iniciativa do xogo pero con algún despiste defensivo que lles costou ir por detrás no marcador. Pero en tres minutos, primeiro Sabela e despois Marta, déronlle a volta ao marcador. Antes de irse ao vestuarios noutro erro defensivo do Vilalba F.S. as xogadoras visitantes acadaron a igualada.

Na segunda parte equipo vilalbés foi a polo partido a sabendas de que o empate non lle servía e dispuxo de numerosas ocasións para coller vantaxe. O Burela tamén creou bastante perigo nas contras que Tati desbaratou con gran acerto. Mediada a segunda parte dous goles de Sabela e Patri daban tranquilidade aos siareiros vilalbeses e xa nos últimos minutos e a pesar de ter cinco faltas defenderon ben e conseguiron dous goles máis por mediación de Cayu e Sabela, que na última xogada de partido foise de varias xogadoras, asistiu a Carmela e esta devolveulle o esférico para que lograse o terceiro gol na súa conta particular e o sexto do Vilalba F.S.

A destacar o gran traballo de todas as xogadoras do equipo vilalbés que dependen de sí mesmas para acadar o título de liga no primeiro ano de competición, algo impensable a principios de temporada.

PESCADOS RUBÉN BURELA F.S. “B”
Nerea, Adilsa, Andrea, Cristina, Noemí – cinco inicial – Roxana, Paula, Carla, Claudia e Xela.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Tati, China, Aisha, Sabela, Cayu – cinco inicial – Ana, Patri, Akira, Ainé, Marta e Carmela.

GOLES:
0-1 Carla. (Min. 6)
1-1 Sabela. (Min. 9)
2-1 Marta. (Min. 12)
2-2 Cristina. (Min. 15)
3-2 Sabela. (Min. 28)
4-2 Patri. (Min. 30)
5-2 Cayu. (Min. 37)
6-2 Sabela. (Min 39)