EXCESIVA RELAXACIÓN DO XUVENIL

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., perdeu por 2-4 ante o Concello de Begonte F.S. no partido da xornada 9 da Liga Galega Xuvenil, celebrado na tarde do venres no Pavillón Municipal de Vilalba.

O equipo vilalbés pagou o exceso de relaxación ante un Concello de Begonte F.S. que aínda non sendo superior levouse o derbi ao aproveitar mellor as poucas ocasións das que dispuxo.

Mal partido dos vilalbeses que afrontarán unha serie de partidos contra os equipos da parte alta da clasificación nos que terán que mellorar a actitude mostrada neste último encontro.