FALTA DE RODAXE

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., debutou cunha derrota ante o Concello de Begonte F.S. na primeira xornada de liga da Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do sábado ante 60 espectadores, aforo máximo permitido.

No primeiro derbi comarcal ao equipo vilalbés notóuselle que as seis incorporacións aínda non están acopladas, faltoulle rodaxe e viuse sorprendido na segunda parte polo Concello de Begonte F.S. que soubo aproveitar os erros dos vilalbeses nas dúas áreas para levarse os tres puntos.

A vindeira xornada o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. descansará debido a que o seu rival o Outeiro de Rei F.S. retirouse da competición.