FALTOU PUNTERÍA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., perdeu 2-3 ante o C.P. Casás, no partido correspondente á sétima xornada de liga da Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do sábado.

O partido foi dominado polo equipo vilalbés que pagou caro os erros ante a portería rival e viu como o equipo lucense remontou con dous goles nas únicas ocasións que tivo na segunda parte.

Derrota inesperada e inxusta do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. que se alonxa dos postos altos da clasificación.

Antes do comezo do partido o ex xogador Adrián Paz Castro (Tucho) que se retirou o ano pasado por mor das lesións e o capitán actual Rodrigo Antelo Sinde (Roi) que está apartado das pistas por unha lesión de longa duración recibiron unha homenaxe dos compañeiros e o recoñecemento dos siareiros vilalbeses.