“FARIÑAS”, TERCEIRA INCORPORACIÓN DO VILALBA F.S.

Iago Fariñas Vázquez “Fariñas” (Lugo, 1994) é a terceira incorporación do Vilalba F.S. para a tempada 2020-2021.

O equipo vilalbés incorpora a un xogador para a posición de “ala” que militou no Superti A Pontenova e a pasada tempada no C.D. Lugo Sala.

Benvido, Fariñas.