O FEMENINO: “GAÑAR OU GAÑAR”

O vindeiro sábado 3 de marzo ás 16:30 horas no Pavillón Municipal de Vilalba terá lugar o encontro entre os equipos femeninos do VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. e o U.D. PASTORICENSE correspondente á derradeira xornada da Primeira Galicia Feminina.

O calendario foi caprichoso e fixo que na derradeira xornada de competición se enfrentaran os dous primeiros clasificados como si dunha final se tratase. O premio será o título de campión e o ascenso á categoría Autonómica.

O equipo pastoricense, partirá cunha pequeña vantaxe, xa que ten un punto máis e valeralle o empate.

As rapazas do equipo vilalbés, que pase o que pase neste encontro, realizaron unha temporada excepcional e xa fixeron historia, intentarán acadar a victoria para proclamarse campioas no primeiro ano de competición. Sería un logro moi importante para o equipo e para o clube que confiou nun grupo de rapazas comprometidas que tiveron que superar moitas adversidades ao longo do campeonato.

Por elo terán unha vez máis o apoio dos siareiros vilalbeses que se ilusionaron e disfrutaron todo o ano co bo xogo do seu equipo. A comunión entre o equipo e afección é total polo que se agarda que sirva de estímulo para unhas xogadoras que por moitas razóns merécense o título.

¡¡¡ FORZA PEUGEOT!!!

 

COMPARTIR