FEMININO E XUVENIL XOGAN EN A ESTRADA

Os equipos feminino e xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. disputan esta fin de semana os partidos correpondentes á segunda xornada de liga.

Ambos equipos desplázanse á localidade pontevedresa de A Estrada este venres para enfrontarse no Pavillón M. Coto Ferreiro aos equipos de A Estrada Futsal. O primeiro partido será o do xuvenil ás 19:30 horas no que tentarán de sumar a primeira victoria e a continuación ás 21:30 horas será a quenda do equipo feminino que buscará a segunda victoria do campionato.