O FEMININO RECIBE AO TERCEIRO CLASIFICADO

Este domingo ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Vilalba terá lugar o encontro correspondente á duodécima xornada da liga Primeira Galicia feminina entre os equipos Lieders F.S. e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.

As rapazas do equipo vilalbés, despois de vencer a semana pasada e colocarse líderes con dous puntos de ventaxa sobre a U.D. Pastoricense, teñen a gran oportunidade si vencen ao Lieders de seguir como primeiras e descolgar a un rival directo, xa que o equipo lucense está a cinco puntos despois de gañar na anterior xornada ao ata de agora líder por dous goles a un.

Polo tanto, agárdase ver un partido entretido e no que se espera que os siareiros vilalbeses acudan ao pavillón para animar ao seu equipo.

COMPARTIR