O FEMININO RETOMA A COMPETICIÓN

O vindeiro domingo 18 de febreiro ás 12:00 horas no Pavillón Municipal de Vilalba terá lugar o encontro entre os equipos femeninos do BURELA F.S. PESCADOS RUBÉN “B” e o VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. correspondente á xornada 16 da Primeira Galicia Femenina.

Despois do parón as rapazas do equipo vilalbés, (33 puntos), retoman a competición como segundas clasificadas, xa que o Lieders (34 puntos) ten un partido máis. O terceiro clasificado o U.D. Pastoricense (31 puntos) ten dous partidos menos que o Lieders que aínda non descansou e un menos que o Vilalba F.S., xa que a semana pasada tiña que xogar co Burela F.S. e aprazaron o encontro.

Será un partido de moita igualdade no que as rapazas do Vilalba F.S. intentarán conseguir a victoria para chegar ás dúas últimas xornadas con opcións de gañar o campionato.

COMPARTIR