O FEMININO RETOMA A COMPETICIÓN

O vindeiro sábado 13 de xaneiro ás 20:45 horas no Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. retomará a competición ligueira ante o Cidade de Lugo F.S. no que será segundo partido correspondente á segunda volta da Primeira Galicia Feminina.

As xogadoras do Vilalba F.S., intentarán manter o nivel tan alto de xogo e resultados acadado no primeiro ano de competición e loitarán por acadar o primeiro posto que agora ocupa a U.D. Pastoricense.

 

COMPARTIR