“FENTE” VOLTOU AO MUNICIPAL

Diego Fente, retornou o pasado sábado ao Pavillón Municipal de Vilalba para asistir á victoria do Vilalba F.S. fronte ao F.S.F. Villa de Cee por catro goles a dous e no que viu o cariño que lle teñen os siareiros vilalbeses. O xogador monterrosino, está de novo na súa terra para recuperarse dunha lesión de rodilla que o impide seguir xogando no A.S.D. Barletta Calcio a 5 da Serie A2 italiana.

O VILALBA F.S. desexálle unha boa e pronta recuperación e ofrécelle toda a colaboración posible para que esté próximamente disfrutando do fútbol sala e a poder ser “cos seus amigos e na súa casa” de Vilalba.

Continuará…

COMPARTIR