FIN A UNHA MALA TEMPADA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., perdeu ante o Carballiño F.S. por 6-4 na derradeira xornada da liga de Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Municipal Paco Chao de O Carballiño na noite do venres.

Nova derrota no último partido da tempada no que ningún dos dous equipos se xogaba nada, o equipo vilalbés salvado e os locais sin opción a xogar polo título.

Malia a empezar gañando por 1-3 na primeira metade o Carballiño F.S. remontou en catro minutos na segunda parte.

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. remata na undécima posición nunha tempada que se prevía ilusionante e que terá que sacar conclusións e aprender dos erros cometidos.