GAÑAR PARA ACHEGARSE AOS POSTOS DE CABEZA

O vindeiro sábado ás 17:30 horas no Pavillón Municipal de Tarrío en Culleredo o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. visitará ao Sport Sala Culleredo F.S. na novena xornada de liga da Terceira División Nacional.

Tras o gran xogo desplegado nas dúas últimas xornadas con sendas victorias colleitadas ante o A.D.F.S. Bueu e o Pazos de Borbén F.S., o equipo vilalbés, (sétimo con 15 puntos), tratará de sumar os tres puntos ante o equipo coruñés, (cuarto con 17 puntos), e superalo na clasificación para seguir cerca dos postos de cabeza.

O Sport Sala Culleredo, a pesar de ser un equipo recién ascendido, ten xogadores dun nivel superior e está demostrando ser un dos mellores equipos da competición.