GAÑAR PARA SEGUIR NOS POSTOS ALTOS

Este sábado ás 20 horas no Pavillón Municipal de Outeiro de Rei o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. visitará ao Santa Isabel F.S. na cuarta xornada de liga da Terceira División Nacional.

Despois da terceira victoria consecutiva acadada a pasada xornada ante o Academia Red Blue 5 Coruña F.S. por 5-1, o equipo vilalbés tratará de conseguir os tres puntos para seguir nos postos altos da clasificación ante un rival que é novo na categoría pero con xogadores de gran nivel como Javi Río e que está situado na clasificación a dous puntos. O último precedente entre os dous equipos foi na pretemporada onde o Santa Isabel F.S. impúxose por 6-5 nas semifinais do Torneo de Outeiro de Rei.