GOLEADA A DOMICILIO

GOLEADA A DOMICILIO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., goleou 2-9 ao C.P. Casás, no partido correspondente á xornada 22 de liga da Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo na tarde do domingo.

O partido foi dominado polo equipo vilalbés que fixo valer a súa superioridade ante un rival que se adiantou no marcador pero que non foi quen de plantar cara ao Vilalba F.S.

A destacar o debut dos xogadores do equipo xuvenil, Xosé e Javi. Antón completou o trío xuvenil e marcou dous goles prolongando o seu estado de gracia.