GOLEADA A DOMICILIO

GOLEADA A DOMICILIO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. goleou por 0-6 ao Concello de Begonte F.S. no partido celebrado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Begonte (Baamonde), correspondente á xornada 14 de liga da Terceira División Nacional.

Bo partido o realizado polo equipo vilalbés, que se adiantou na primeira parte por mediación de Paulo Sousa e Fran Pastor que levaron o 0-2 ao descanso. Na reanudación o Vilalba F.S. logrou no primeiro minuto outros dous tantos, por mediación de Freire e Jose López e ahí acabouse o partido. Nos últimos minutos, Paulo Sousa e a nova incorporación Pablo Villar estableceron o definitivo 0-6 nun partido que se agardaba máis incómodo para o equipo vilalbés

Na vindeira xornada o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recibirá ás 18:00 horas no Pavillón Municipal de Vilalba ao terceiro clasificado, Carballiño F.S. en busca dunha victoria que o meta entre os oito primeiros clasificados que da opción de xogar a Copa de Terceira División Nacional.