GOLEADA A DOMICILIO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. goleou por 0-5 a A Estrada Futsal, no partido celebrado na tarde do sábado no Pavillón Municipal M. Coto Ferreiro, correspondente á oitava xornada de liga da Terceira División Nacional.

Boa primeira parte a realizada polo equipo vilalbés, que se adiantou moi cedo por mediación de Paulo Sousa e Fran Pastor, este último en dúas ocasións, que xunto coas paradas de Iago levaron o 0-3 ao descanso. Na reanudación o Vilalba F.S. logrou outros dous tantos, o terceiro na conta particular de Fran Pastor e Jose López que estableceron unha contundente e merecida victoria.

Na vindeira xornada o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recibirá ao líder, Pazos de Borbén F.S.