GOLEADA DO FEMININO

GOLEADA DO FEMININO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. goleou por 4-0 ao Galipizza Sport Sala de Culleredo no encontro correspondente á xornada 19 da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do sábado.

Bo partido o realizado polo Vilalba F.S. e nova victoria ante un rival que estaba en postos de descenso pero que na primeira volta gañara ao equipo vilalbés. O partido non se decidiu ata mediada a segunda parte con dous goles nun minuto que sumados a un antes do descanso inclinaron a balanza a prol das rapazas vilalbesas. Nos últimos minutos redondearon o resultado con outro gol. Un dato positivo foi a victoria sen encaixar goles, gracias á boa defensa e a gran actuación de Carmela.

Con este triunfo as rapazas do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. continúan na cuarta posición da táboa clasificatoria realizando unha gran tempada.