GOLEADA DO FEMININO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. goleou por 2-7 ao Academia Red Blue 5 Coruña no encontro correspondente á xornada 12 da Liga Autonómica Feminina celebrado no Polideportivo da Sagrada Familia na tarde do sábado.

O equipo vilalbés que chegou ao descanso cun apretado resultado de 2-3 mellorou na segunda metade para acabar goleando ao equipo coruñés.

Con esta victoria o Vilalba F.S. sitúase na sétima posición da clasificación e ten moitas posibilidades de xogar a Copa. O vindeiro fin de semana recibirá ao Cidade das Burgas F.S.”B”.