GOLEADA DO FEMININO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu con moita claridade por 6-0 ao Monterroso F.S. no encontro correspondente á oitava xornada da Liga 1ª Galicia Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba.

Como xa pasara nos partidos xogados como locais, as xogadoras do Vilalba F.S. realizaron un bo encontro e venceron a un rival que non tivo opcións. Foi un partido cómodo para as vilalbesas, no que todas as xogadoras estiveron a un bo nivel.

Con esta victoria o Vilalba F.S. segue líder da clasificación con dous puntos de vantaxe sobre A Pastoriza F.S. que será o seguinte rival e co que concluirá a primeira volta de competición.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Tati, Akira, Sabela, Cayu, Ana – cinco inicial – Patri, Aisha, Ainé, Méndez, Carmela e Marta.

MONTERROSO F.S.
Carla, Marta, Ana, Elisa, Olaya – cinco inicial – Carina

GOLES:
1-0 Ainé. (Min. 1)
2-0 Akira. (Min. 6)
3-0 Aisha. (Min. 9)
4-0 Ana. (Min. 12)
5-0 Patri. (Min. 22)
6-0 Aisha. (Min. 38)

COMPARTIR