GOLEADA DO VILALBA F.S AO VIGO 2015

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., goleou ao Vigo 2015 por 1-9 na segunda xornada de liga da Terceira División Nacional celebrada no Pavillón “Pista Vermella” de Vigo na tarde do sábado.

Gran partido do equipo vilalbés que venceu con claridade. Ao descanso xa vencía con comodidade por 0-4 e ampliou a vantaxe na segunda metade na que o adestrador “Kini” deu minutos a todos os xogadores.

Con esta goleada o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. encabeza a clasificación por mellor diferencia de goles. Na vindeira xornada recibirá ao Pazos de Borbén F.S. actual campión da competición.