GOLEADA DO XUVENIL

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., goleou ao Academia Red Blue 5 Coruña – Mera F.S. no partido celebrado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vilalba, correspondente á terceira xornada da Liga Galega Xuvenil.

O partido non tivo historia e o equipo vilalbés foi moi superior durante os corenta minutos ao seu rival que acudiu con moitas baixas e non competiu como se esperaba. Ao descanso chegouse xa cun resultado favorable de 8-1 e na segunda parte foi aumentando a diferencia ata o resultado final de 16-2.

Gran partido o realizado por todos os xogadores do equipo vilalbés que con esta victoria continúa empatado a nove puntos co O Parrulo F.S. e Redondela no alto da clasificación.