GOLEADA DO XUVENIL

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., goleou 9-1 ao S.D.C. y R. Narón O Freixo no partido celebrado na tarde do luns no Pavillón Municipal de Vilalba, correspondente á xornada 26 da Liga Galega Xuvenil.

Partido fácil para o equipo vilalbés que goleou a un rival que ocupa as últimas posicións da clasificación.

O partido adiantouse debido a que o fin de semana o Pavillón Municipal de Vilalba estará ocupado pola acampada do FIV.