GOLEADA DO XUVENIL

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., goleou por 1-6 ao E.D. Poio Pescamar F.S. no partido celebrado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de “A Seca” (Poio), correspondente á xornada 6 da Liga Galega Xuvenil.

Partido moi cómodo do Vilalba F.S. que impuxo o seu mellor xogo acadando unha xusta victoria e no que destacou Brais autor de cinco goles.

Con este resultado o equipo do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. segue no cuarto posto da clasificación e na vindeira xornada recibirá ao I.E.S. Coruxo que ocupa o último posto aínda sen puntuar.