GOLEADA DO XUVENIL

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., goleou 10-2 ao E.D. Poio Pescamar F.S. no partido celebrado na tarde do domingo no Pavillón Municipal de Vilalba, correspondente á xornada 21 da Liga Galega Xuvenil.

Segunda parte moi cómoda do Vilalba F.S. na que impuxo o seu mellor xogo acadando unha xusta victoria ante un rival inferior despois de chegar ao descanso (2-1) cunha mínima renta.

Con este resultado o equipo do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. segue no quinto posto da clasificación. Na vindeira xornada visitará ao pechacancelas o Ganomagoga IES Coruxo.