GOLEADA DO XUVENIL ANTES DO PARÓN
O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., venceu 8-3 ao E.D. Poio Pescamar F.S. no partido celebrado na mañá do domingo no Pavillón Municipal de Vilalba, correspondente á xornada 19 da Liga Galega Xuvenil.
Partido moi cómodo do Vilalba F.S. que impuxo o seu mellor xogo acadando unha xusta victoria ante un rival inferior.
Con este resultado o equipo do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. segue no terceiro posto da clasificación antes da vindeira xornada que será de descanso pola retirada do Club Cíos Vigo F.S.