GOLEADA E LIDERATO NO DEBUT DO FEMININO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu con moita claridade por 9-3 ao Tui Valença Futsal no encontro correspondente á primeira xornada da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba na mañá do domingo.

O debut na máxima categoría a nivel galego das rapazas do Vilalba F.S. foi espectacular goleando a outro equipo recién ascendido que nada puido facer ante o bo xogo das vilalbesas. Só a gran actuación da porteira visitante no primeiro tempo fixo que a goleada non fose maior.

Gran actuación de todas as xogadoras do Vilalba F.S. que fixeron vibrar aos siareiros vilalbeses co bo xogo desplegado.

Con esta victoria o Vilalba F.S. sitúase despois da primeira xornada como líder da clasificación por maior diferencia de goles.