GOLEADA PARA EMPEZAR A COPA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. goleou por 6-1 ao Concello de Begonte F.S. no encontro correspondente á primeira xornada da Copa 1ª Galicia Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba, na tarde do sábado.

As rapazas do Vilalba F.S. voltaron á competición un pouco desconectadas e imprecisas nos primeiros minutos de partido e con falta de claridade nos últimos metros. Aínda así puxéronse por diante no marcador aos tres minutos. A primeira parte seguiu co mesma tónica dun partido lento e con pouco ritmo. Mediado o primeiro acto o equipo begontino acadou o empate nun despiste defensivo da zaga vilalbesa. Malia o gol do empate o equipo vilalbés seguiu dominando pero sin profundizar demasiado e sin crear ocasións. Antes do descanso as rapazas vilalbesas puxeron o 2-1 no marcador no rexeite dun penalti por mans na ára begontina.

Na segunda parte as xogadoras locais foron máis agresivas na defensa, con máis ritmo en ataque e mellorando considerablemente nos últimos metros o que fixo que chegaran catro goles máis.

Nos últimos minutos o equipo visitante intentouno coa porteira xogadora pero o resultado non variou.

A vindeira xornada o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. xogará na casa ante a U.D. Pastoricense.

CONCELLO DE BEGONTE F.S.
Alicia, María, Ana, Ruth, Noelia – cinco inicial – Alejandra e Alba.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Tati, Sabela, Akira, Aisha, Kayu – cinco inicial –  Antía, Méndez, Marta e Carmela.

GOLES:
1-0  Aisha. (Min. 3)
1-1  Ana. (Min. 10)
2-1  Marta. (Min. 12)
3-1  Aisha. (Min. 23)
4-1  Méndez. (Min. 23)
5-1  Aisha. (Min. 27)
6-1  Kayu. (Min. 39)

COMPARTIR