O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. goleou ao GRI Carballiño por un gol a oito e rematou o ano cunha nova victoria a domicilio na decimocuarta xornada de liga da Terceira División Nacional.
O equipo vilalbés que non se confiou da situación na táboa clasificatoria do seu rival, saiu moi concentrado ao partido e demostrou ser moi superior durante os corenta minutos.
Asier adiantou ao Vilalba F.S. aos catro minutos e Fran Pastor, con tres goles, dous deles no último minuto, fixo que se chegara ao descanso con 0-4 no marcador. No primeiro minuto da segunda parte Asier marcou o quinto e dous goles de Rubén Mouriz máis outro do xuvenil Antón, despois de que o GRI Carballiño F.S. marcara o gol da honra, puxeron o 1-8 definitivo.
Con este resultado o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. sitúase quinto na clasificación e afronta o parón con ilusión de recuperar a algún xogador lesionado. Na próxima xornada que se celebrará o 20 de xaneiro e será a última da primeira volta o Vilalba F.S. recibirá ao terceiro clasificado, Estrada Futsal, que ten tres puntos máis na clasificación que o equipo chairego.
GRI CARBALLIÑO F.S.
Daniel Pérez, Jorge, Eduardo, Aitor, Edgar – cinco inicial – Daniel Rodríguez, Christian, Iván, Borja e Fabián.
VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Iago, Rubén Mouriz, Asier, Fran Pastor, Martín – cinco inicial – Areñas, Freire, Antón, Paulo e Nuno.
GOLES:
0-1 Asier. (Min. 4)
0-2 Fran Pastor. (Min. 7)
0-3 Fran Pastor. (Min. 19)
0-4 Fran Pastor. (Min. 19)
0-5 Asier. (Min. 21)
0-6 Rubén Mouriz. (Min. 26)
0-7 Rubén Mouriz. (Min. 30)
1-7 Daniel Rodríguez. (Min. 33)
1-8 Antón. (Min. 38)