GRAN EMPATE DO FEMININO A DOMICILIO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. acadou un empate a 5 goles ante o Pastelería Cervela A Estrada Futsal no encontro correspondente á segunda xornada da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón M. Coto Ferreiro de A Estrada na mañá do sábado.

O comezo do partido foi malo para os intereses do Vilalba F.S. que viron como o equipo local se puxo aos sete minutos cun 3-0. Recurtou diferencias no marcador, Mariña, pero antes do descanso A Estrada marcou o cuarto gol.

Ao comezo da segunda parte, Mariña de novo, marcaba o segundo pero acto seguido o equipo local fixo o 5-2. Cando parecía todo perdido, o equipo adestrado por Jose López xogando con porteira xogadora igualou o partido en tres minutos e dispuxo de varias ocasións para remontar.

Con este empate o Vilalba F.S. sitúase despois da segunda xornada nos postos altos da clasificación con catro puntos.