GRAN REACCIÓN EN PAZOS DE BORBÉN

GRAN REACCIÓN EN PAZOS DE BORBÉN

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. e o Pazos de Borbén F.S. empataron a catro goles no partido correspondente á xornada 24 de liga da Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Municipal de Pazos de Borbén na tarde do sábado.

Empate xusto nun partido no que os dos dous equipos puideron gañar. Adiantouse o equipo vilalbés por mediación de Nuno pero pronto empatou o equipo local, por medio do seu goleador. Antes do descanso o Pazos marcou dous goles nun minuto e ao comezo da segunda parte acadou o cuarto gol. Cando parecía que o equipo local tiña o partido gañado o equipo vilalbés reaccionou con dous goles de Jose López e un de Asier para rescatar un punto.

Malia o empate nunha pista tan difícil como a de Pazos de Borbén, o equipo do Vilalba F.S. continúa nunha complicada situación só con tres puntos de vantaxe sobre o descenso.