GRAN VICTORIA A DOMICILIO DO XUVENIL

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu ao Pabellón E.D. Ourense por 5-6 no partido disputado o xoves pola tarde no Pavillón Municipal “A Carballeira” de Ourense correspondente á segunda xornada da liga Autonómica xuvenil.

Gran partido dos pupilos de Quini que realizaron unha forte presión de saída e froito delo conseguíron ir por diante no marcador todo o encontro ante un rival moi complicado.

O vindeiro partido do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. será a fin de semana do 24 de abril no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba ante o Carballiño F.S.

Ficha Técnica:

PABELLÓN E.D. OURENSE
Mario, Julio José (2), Hugo, Javier (3), Hugo – cinco inicial – Pablo, Joel e Martín.

 VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Tini, Pelouro (2), Iker (1), Leiras, Hugo – cinco inicial – Tito (2), Tinete (1), Copa e Marcos.