GRAN VICTORIA A DOMICILIO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu por 1-3 ao Viaxes Amarelle F.S. no encontro correspondente á xornada 11 da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal “Barrio das Flores” de A Coruña na tarde do sábado.

Enorme partido o realizado polas xogadoras do Vilalba F.S. que controlaron o xogo na primeira metade, adiantándose no marcador para chegar con vantaxe ao descanso sin que o equipo local apenas tivera ocasións de gol. Na segunda parte, un tempraneiro gol de Sabela e outro de Carol, que fixo doblete, deron máis tranquilidade ao equipo vilalbés que en ningún momento pasou apuros.

A vindeira xornada o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recibirá ao Cidade de Pontevedra F.S. o xoves 6 de decembro ás 18:30 horas no Pavillón Municipal de Vilalba.