GRAN VICTORIA DO XUVENIL
O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., gañou por 3-7 ao GRI Carballiño F.S. no partido correspondente á xornada 23 da Liga Galega Xuvenil, celebrado na tarde do sábado no Pavillón Paco Chao de O Carballiño.
O equipo vilalbés que comezou perdendo nos inicios de partido deulle a volta ao marcador e logrou unha importante victoria ante un equipo complicado. No descanso xa mandaban os vilalbeses por 1-4.
Con esta victoria o Vilalba F.S. queda a un punto do segundo clasificado, o Redondela F.S. – S.D. Pazos que recibirá a vindeira xornada no Pavillón Municipal de Vilalba.
