GRAN VICTORIA DO XUVENIL

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., venceu por 3-2 ao Cidade de Narón no partido da xornada 11da Liga Galega Xuvenil, celebrado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vilalba.

Moi bo partido o disputado polo equipo vilalbés que remontou nos últimos minutos para impoñerse ao Cidade de Narón e superalo na clasificación. Con esta victoria sitúase na segunda posición a soamente 1 punto do líder o EDO Sala Ourense.

Nos prolegómenos do encontro os xogadores vilalbeses saíron cunha camiseta de apoio á xogadora do equipo feminino Akira, que estará alonxada das pistas durante un tempo debido á grave lesión que sufriu fai dúas semanas.