GRAN VICTORIA DO XUVENIL

G

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., gañou 2-1 ao Redondela F.S.-S.D. Pazos no partido celebrado na tarde do domingo no Pavillón Municipal de Vilalba, correspondente á xornada 24 da Liga Galega Xuvenil.

Espectacular partido de dous conxuntos que xogaron a gañar e que fixeron disfrutar aos siareiros co bo xogo desplegado demostrando que despois do líder intratable, Cementos Carral O Parrulo, son os mellores equipos da competición.

Con esta victoria o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recupera a segunda posición ao adiantar ao seu rival.