HOMENAXE A ARIANA NÚÑEZ SEOANE

O pasado sábado no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba nos prolegómenos do partido que disputaron o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. e o Pazos de Borbén F.S. foi homenaxeada Ariana Núñez Seoane.

O Vilalba F.S. quixo mostrarlle o seu agradecemento a Ariana por ser a primeira Dama de Honra do clube nas Festas de San Ramón e Santa María.

O presidente do Vilalba F.S., Álvaro Fraga, e o exconcelleiro de Cultura e Deportes do Excmo. Concello de Vilalba, José Antonio Pita Paz, fixéronlle entrega a Ariana dunha torre de prata, símbolo do escudo vilalbés, e un “book” coas fotografías da súa participación como Dama de Honra polo Vilalba F.S. durante as Festas de San Ramón e Santa María.