HOMENAXE ÁS CAMPIOAS

Nos prolegómenos do encontro entre o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. e o A.D.F.S. Bueu de Terceira División Nacional os dous equipos fixéronlle o “pasillo” ao equipo feminino do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. en recoñecemento pola excelente temporada na que lograron o título de campión e o conseguinte ascenso á categoría Autonómica.

O equipo feminino do Vilalba F.S., na súa primeira temporada, acadou o título da Liga Primeira Provincial despois de disputar 16 partidos, nos que acadou 14 victorias e dúas derrotas, logrando marcar 71 goles e soamente encaixar 25 para facer un total de 42 puntos, dous máis que o segundo clasificado a U.D. Pastoricense.

As xogadoras e corpo técnico que pasarán á historia do fútbol sala vilalbés polo éxito acadado son:

Tati, Ana, Patri Pisón, Xina, Antía, Aisha, Sabela (C), Akira, Ainé, Kayu, Méndez, Carmela, Marta e Lidia (Delegada). Corpo técnico: José López, Miguel e Nuno.

PARABÉNS CAMPIOAS!!!