HOMENAXE A JOSÉ ANTONIO PITA PAZ

O pasado sábado no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba nos prolegómenos do partido que disputaron o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. e o Pazos de Borbén F.S. foi homenaxeado o exconcelleiro de Cultura e Deportes Jose Antonio Pita Paz.

O Vilalba F.S. quixo recoñecer o gran compromiso e traballo realizado por Pita coas asociacións culturais e clubes deportivos en xeral e co Vilalba F.S. en particular, nos anos que estivo como Concelleiro de Cultura e Deportes do Excmo. Concello de Vilalba.

O presidente do Vilalba F.S., Álvaro Fraga, fíxolle entrega a Pita dunha torre de prata, símbolo do escudo vilalbés.