HUMILLANTE DERROTA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. colleitou unha derrota dolorosa por 9-0 ante o Castro F.S. no encontro correspondente á sexta xornada da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Castro Riberas de Lea na tarde do sábado.

Na primeira parte as xogadoras do Vilalba F.S. saíron bastante ben pero a efectividade do equipo local nas súas ocasións xunto cos fallos defensivos e no remate a porta do equipo vilalbés fixo que se chegara ao descanso cun abultado resultado de 3-0.

Na segunda parte o Vilalba F.S. estivo horroroso e foi un equipo descoñecido a merced do equipo local. Tras encaixar o cuarto gol e sufrir a expulsión de Antía as rapazas do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. baixaron os brazos e encaixaron a maior goleada sufrida na súa corta historia.