IAGO AMARELO DEIXA O VILALBA F.S.

Iago Amarelo, o xogador que máis tempo levaba no Vilalba F.S. deixa a súa casa por decisión propia.

Na súa etapa no equipo xuvenil no que xogou en Liga Galega e División de Honra e despois nos catro anos que estivo no equipo senior, na Terceira División Nacional, Iago foi un referente na portería do equipo vilalbés.

O Vilalba F.S. agradécelle todo o traballo realizado no clube vilalbés nestes sete anos e deséxalle o maior dos éxitos na súa vida profesional e persoal.

Moitas grazas, Iago!!!