IAGO, FREIRE E ROI, RENOVAN CO VILALBA F.S.

Os xogadores Iago, Freire e Roi, os tres canteirans do clube, continuarán outro ano máis no VILALBA F.S. de Terceira División Nacional. “Iago”, seguirá unha temporada máis defendendo a portería, cumplindo a súa quinta tempada no clube. “Freire”, que cumplirá a súa terceira tempada como xogador da primeira plantilla, intentará estar ao gran nivel acadado a pasada temporada. “Roi”, o capitán, que cumplirá a súa oitava tempada no clube, intentará ser de novo un dos máis goleadores do equipo. A directiva do VILALBA F.S. continúa co período de renovacións e incorporacións para a vindeira tempada. Estas tres renovacións súmanse ás anteriores de Jose López, Tucho, Paulo, Nuninho e ás incorporacións de Rubén Mouriz e Asier.

COMPARTIR