IMPORTANTE EMPATE DO FEMININO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. empatou 2-2 ante a S.D. A Gaiola no encontro correspondente á xornada 6 da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón de Santa Isabel de Santiago de Compostela na tarde do sábado.

O equipo vilalbés mereceu unha victoria que se lle resiste a domicilio debido á falta de puntería. Aínda así acadou un empate nunha pista complicada.

A vindeira fin de semana o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recibirá ao líder Terra de Celanova.