IMPORTANTE VICTORIA DO FEMININO

IMPORTANTE VICTORIA DO FEMININO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu por 4-5 á S.D. A Gaiola no encontro correspondente á xornada 23 da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal do Restollal de Santiago de Compostela na tarde do sábado.

O equipo vilalbés controlou o encontro ata poñerse cun resultado de 2-5 e soamente nos últimos minutos viu perigar os tres puntos ante o empuxe do equipo local.

Con este resultado o Vilalba F.S. volve á senda da victoria despois de tres derrotas consecutivas.