IMPORTANTE VICTORIA DO VILALBA F.S.

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., venceu ao Carballiño F.S. por 6-4 na xornada 5 da liga de Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do domingo.

Bo partido do equipo vilalbés que malia adiantarse no marcador por mediación de Asier viu como nun minuto lle remontaba o equipo visitante con dous goles. Antes do descanso, nunha xogada de estratexia, Pablito Villar poñía o empate no marcador.

Na segunda parte o equipo vilalbés continuou co bo xogo e ampliou a vantaxe con goles de Paulo e Iván Gago pero nun erro defensivo o Carballiño púxose a un gol. Noutro arreón dos locais, Ayalita e de novo Paulo dábanlle tranquilidade aos siareiros locais. No último minuto o Carballiño F.S. maquillou o resultado que aínda puido ampliar Xosé cun lanzamento de dobre penalti que despexou ben o porteiro visitante.

Con esta victoria o equipo adestrado por “Kini” sitúase terceiro clasificado con 12 puntos a un só do líder Culleredo F.S. próximo rival.