INCORPORACIÓN DE LUXO PARA O FEMININO

O Vilalba F.S. continúa coas incorporacións de cara a tempada 2022/2023.

O clube fai unha aposta de futuro e incorpora a Aroa Rodríguez Mosteirín “Aroa”, xoven promesa do fútbol sala galego que provén do Castro F.S.F. Con 14 anos xa debutou na categoría de prata do fútbol sala nacional e a pasada tempada acadou o campionato de España en categoría xuvenil. Os seus inicios foron no A.D.C. Lumieira Lugo.

BENVIDA E GRAZAS POR CONFIAR NO NOSO PROXECTO!!!