INCORPORACIÓN ESTELAR DO VILALBA F.S.

¿Quen é él? Ismael

 Voltará a ser o grito de guerra 6 anos despois no Pavillón Municipal dos Deportes de Vilalba.

Ismael Vázquez Villares “Luka” (Vilalba, 1996) é a incorporación estelar do Vilalba F.S. para a tempada 2020-2021.

Logo da súa etapa como xogador do Santiago Futsal onde xogou na División de Honra Xuvenil, no equipo filial e no primeiro equipo en Primeira División e a tempada pasada na Segunda División no que exerceu como capitán do equipo santiagués, o canteirán vilalbés, retorna ao Vilalba F.S. clube no que despuntou fai 6 tempadas, xogando co primeiro equipo na Terceira División Nacional aínda en idade xuvenil. Nese periplo por terras santiaguesas viu recoñecido o seu traballo e foi o capitán da Selección Galega Sub-19 e tamén internacional na mesma categoría.

Debido a súa situación laboral que lle impide continuar no fútbol sala de máximo nivel, Isma demostrou que é un xogador do clube e aceptou o reto de xogar de novo con nós, na Terceira División Nacional de Fútbol Sala.

Benvido de novo a túa casa, Isma.