Marcos Faílde Guevara, “Marcos” (Berna, 1996) é a nova incorporación para a portería do Vilalba F.S.
O equipo vilalbés incorpora a un porteiro con experiencia en equipos coma Culleredo, GR9 ou O Esteo. Ven a cubrir a baixa de Juan Rivero e reforzar a xoven portería vilalbesa axudando a Chafa e Tini para que continúen a súa progresión.
O sábado fixo o seu debut coa elástica vilalbesa contra o C.D. Lugo Sala e realizou unha gran segunda parte detendo tres dobres penaltis.
Benvido, Marcos!!!