INESPERADA DERROTA DO XUVENIL

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., perdeu 10-4 ante o
E.D.M. Marín Galmotor no partido celebrado na tarde do domingo no Pavillón Municipal do Sequelo en Marín, correspondente á xornada 27 da Liga Galega Xuvenil.

Derrota sorprendente e abultada do equipo vilalbés que ao comezo da
segunda parte gañaba por 3-4 pero nunha mala segunda metade encaixou sete goles para acabar sendo goleado.

Na vindeira xornada o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., que continúa
terceiro na clasificación, pechará o tempada como local recibindo A Estrada Futsal.